Non damos puntada sen fío

A peza “Non damos puntada sen fío” documenta durante varios meses o traballo, o proceso de produción e a montaxe dun espectáculo teatral: “Manual de Patronaxe”.
O texto é unha homenaxe ás mulleres, ás referentes feministas, ás modistas e ás coidadoras. O texto da dramaturga Nerea Brey levou o Premio Abrente da MIT de Ribadavia do 2023.
O espectáculo é unha reivindicación de todos eses momentos que, pasando desapercibidos, son, non obstante, as puntadas que conforman o bordado da nosa vida.
Proxecto gañador do Premio Luísa Villalta da Deputación da Coruña a proxectos pola Igualdade 2025.
Créditos
Dirección e Guión: Eva Alonso
Director de fotografía: César Seijas
Montador: César Seijas
Produción executiva: Chiripa
Directora de Produción: Eva Alonso
Axudante de Produción: Melina Regueira
Clara Gayo, Iolanda Muíños, Raquel Espada, Susana Sampedro, Nerea Brey, Melina Regueira, Eva Alonso.

Agradecementos
TEATRO DO NOROESTE
