
Eva Alonso
Socia de Chiripa · Directora de produción audiovisual e de artes escénicas. Produtora e xestora de eventos.
Ideas, persoas e moitas formas de contar.
Gústanos facer que as boas ideas sucedan.
Somos unha produtora multidisciplinar con experiencia na creación e produción de proxectos audiovisuais, contidos culturais, artes escénicas e eventos. Traballamos en televisión, documental, ficción, formatos dixitais, espectáculos e producións en directo.\n\nDetrás de Chiripa están Eva Alonso e César Seijas, dous profesionais cunha ampla traxectoria e un percorrido por diferentes áreas da produción audiovisual e cultural. A experiencia acumulada ao longo dos anos permítelles coñecer os proxectos desde dentro, asumir diferentes funcións e entender o proceso no seu conxunto.
Esta mirada transversal é unha das fortalezas de Chiripa. Permítenos adaptarnos ás necesidades de cada traballo, formar os equipos adecuados e implicarnos tanto na parte creativa como na produción, a realización, a técnica ou a posprodución. Traballamos en todo o proceso, desde a primeira idea ata o resultado final, ou só naquelas fases nas que nos necesites. Combinamos experiencia, capacidade de adaptación e medios propios para facer que cada proxecto avance e chegue a bo porto.
Porque cada proxecto é diferente. E gústanos que así sexa.
COÑECE O NOSO TRABALLO →
Eva achega experiencia, visión global e capacidade de xestión. O seu percorrido por diferentes áreas e responsabilidades dentro da produción audiovisual, cultural e escénica permítelle entender as necesidades de cada proxecto e de cada equipo, anticiparse aos problemas e atopar solucións para que as ideas se convertan en realidade.
Directora de produción audiovisual e de artes escénicas. Produtora e xestora de eventos.

César combina experiencia, mirada e coñecemento técnico. Ao longo da súa traxectoria traballou en diferentes áreas do audiovisual, desde a cámara e a dirección de fotografía ata a realización e a produción técnica. Unha experiencia transversal que lle permite asumir diferentes funcións, adaptarse a cada proxecto e atopar a mellor maneira de contalo a través das imaxes.
Director de fotografía, editor e realizador. Director técnico de Chiripa.
Un equipo multidisciplinar, flexible e comprometido con cada proxecto.

Socia de Chiripa · Directora de produción audiovisual e de artes escénicas. Produtora e xestora de eventos.

Socio de Chiripa · Director de fotografía, editor e realizador. Director técnico de Chiripa.

Produción, distribución e comunicación
Ideas que conectan
Contigo, sempre
Adaptámonos a cada reto
Do concepto ao resultado
Cos proxectos e coas persoas